Bases da campaña Un Nadal con premio en A Balea das Cores

1. Obxecto

Balea C.B. (en adiante, A Balea das Cores), con CIF E94189065 e domicilio social na Rúa da Virxe do Camiño 29 baixo de Pontevedra, desenvolverá dende o 18 de novembro ao 31 de decembro do 2021, ambos inclusive, a campaña Un Nadal con premio en A Balea das Cores. Esta campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras no establecemento, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

2. Ámbito da promoción

Esta promoción terá o su ámbito no establecemento comercial citado anteriormente: A Balea das Cores.

As bases estarán dispoñibles na páxina web do establecemento: www.abaleadascores.es.

3. Premios

Haberá dous premios: unha cociña de madeira e unha estación de trens de madeira.

Só será válido un premio por persoa. O premio non poderá ser substituido por outro premio equivalente nin polo seu valor en metálico.

4. Dereito a participar e acceso á promoción

Trátase dunha promoción dirixida aos clientes-consumidores da empresa participante. Pode participar calquera persoa física que realice algunha compra no comercio citado durante o periodo de vixencia da promoción, quedando excluidas as compras realizadas na tenda online.

Rapartiranse 2500 papeletas, entregándose unha papeleta por cada 20€ de compra en A Balea das Cores.

A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción. Non poden participar na campaña os propietarios do establecemento, os seus empregados ou os seus familiares directos.

Tódolos datos introducidos polos participantes nas papeletas deberán ser veraces. No suposto de que o participante cumplimentase os mesmos con datos falsos ou de xeito inadecuado, non se terá en conta e quedará excluido da promoción e da posibilidade de optar a premio algún.

As papeletas entregaranse en A Balea das Cores antes das 19 h do día 31 de decembro. O sorteo realizarase o día 2 de xaneiro ás 12 h en A Balea das Cores (Rúa da Virxe do Camiño 29 baixo, 36001 Pontevedra).

5. Entrega e aceptación dos premios

A Balea das Cores porase en contacto cos gañadores no número de teléfono facilitado na papeleta, a partir das 12:15 h do día do sorteo.

Realizaranse dous intentos de comunicación telefónica. Unha vez contactado, o gañador deberá confirmar a súa aceptación do premio. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos, pasarase a identificar aos suplentes por orde, seguindo idéntico proceso. De resultar infructuoso o intento, o premio quedará deserto.

Os premios poderanse recoller en A Balea das Cores, en ningún caso serán enviados por mensaxería ao gañador. No suposto de que non puidese acudir o gañador, poderá recoller o premio calquera outra persoa presentando o DNI do gañador. No caso de non acudir nun prazo máximo de 48 horas tra-la aceptación do premio, entenderase que renuncia ao mesmo.

6. Limitacións para participar

A Balea das Cores resérvase o dereito, se concorre causa xusta e previa comunicación, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción. A simple participación implica a aceptación das bases na súa totalidade, polo que a manifestación no sentido da non aceptación das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, A Balea das Cores quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.

Se a persoa que figura na papeleta gañadora fose un menor, poderá representalo os sus pais ou titor legal.

7. Exoneración de responsabilidades

A Balea das Cores non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.

A Balea das Cores non será responsable se ao tratar de contactar, o teléfono do gañador está fóra de servizo.

8. Tratamento dos datos de carácter persoal

A efectos de dar cumprimento á L.O. 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais, A Balea das Cores informa que os datos proporcionados polos participantes na campaña non se incorporarán a ningún ficheiro, destruíndose esta papeleta unha vez termine a campaña. Para saber máis sobre a protección dos datos, consulta a nosas bases legais publicadas en www.abaleadascores.es.

9. Aceptación das bases

A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases.

Pontevedra, 18 de novembro de 2021

Producto añadido a la lista de deseos